InicioOccidentalViveiroViveiro anuncia un saldo satisfactorio da Romaría do Naseiro

Viveiro anuncia un saldo satisfactorio da Romaría do Naseiro

“A comisión, liderada por Lara Fernández Fernández-Noriega e Pelayo Fernández de la Calle, tivo una implicación moi grande, conseguindo en só mes e medio todos os permisos e autorizacións necesarios de Augas de Galicia e doutros organismos e administracións, así como a licencia do concello”, asegura a alcaldesa, María Loureiro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro fai un balance moi satisfactorio da Romaría do Naseiro, agradecendo especialmente a implicación da comisión organizadora para a celebración da festa.


“A comisión, liderada por Lara Fernández Fernández-Noriega e Pelayo Fernández de la Calle, tivo una implicación moi grande, conseguindo en só mes e medio todos os permisos e autorizacións necesarios de Augas de Galicia e doutros organismos e administracións, así como a licencia do concello”, asegura a alcaldesa, María Loureiro, que agradece ademais “a vontade de colaboración da anterior comisión”.


“Sacrificaron moitas horas de súa vida persoal, xa que a tramitación dos permisos para esta romaría é complicada, pola súa ubicación e especificidade”, engade a alcaldesa.


“Contaron por suposto coa axuda e colaboración do concello”, afirma Loureiro, que espera que o próximo ano “contemos coa mesma comisión e coa colaboracións de máis veciños e veciñas na organización”.


O concello agradece ademais “o comportamento do maior parte das persoas asistentes”, apuntando tamén que “algúns cambios introducidos por Lara e Pelayo foron beneficiosos para a organización”.

ÚLTIMAS

Mario Pillado: “Os que temos obrigas públicas debemos combater o discurso do odio”

-Cal foi a orixe destes premios contra a discriminación racial desde o Concello de...

Sanidade asinará un protocolo para ampliar o centro de saúde de Foz

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantivo este pasado martes unha reunión de traballo...

Acusan de “transfondo político” as concentracións diante do Hospital de Burela

A dirección do Distrito Sanitario da Mariña asegura que, coa súa petición realizada o...

Constitúen a Comisión de Comercio de ACISA Ribadeo

En Acisa Ribadeo quedou constituída a comisión de comercio, que terá como obxectivos analizar...