InicioOccidentalViveiroViveiro solicita á veciñanza respectar os sinais de prohibición de aparcar en...

Viveiro solicita á veciñanza respectar os sinais de prohibición de aparcar en Ponte Labrada

Publicada o

- Advertisement -

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro roga á veciñanza que respecte os sinais temporais de prohibición de aparcar no barrio de Ponte Labrada, onde foi imposible realizar os labores de desbroce previstos.


Despois de tres intentos de realizar o desbroce, este terá lugar o vindeiro luns, día 2 de setembro, para o que se colocará de novo a sinalización pertinente.


Dende a Tenencia de Alcaldía lembran que para poder levar a cabo os desbroces, tan demandados pola veciñanza do barrio, é necesaria a colaboración de toda a ciudadanía. Sen esta colaboración, resulta imposible realizalos.


Tenencia de Alcaldía insiste na importancia do respecto aos sinais a pesar de que non haxa agora mesmo efectivos en activo na policía local, posto que segue sendo igual de necesario seguir a normativa vixente, cuxa infracción implica as correspondentes sancións.

ÚLTIMAS

A exconcelleira de Igualdade de Viveiro dimite e renuncia á súa acta como edila

A exconcejal de Igualdade en Viveiro, Lara Fernández-Noriega, decidiu presentar a súa dimisión e...

Cervo Concilia para esta Semana Santa

O Concello de Cervo puxo en marcha unha nova edición de Cervo Concilia nesta...

Burela acollerá o XV Encontro de Palilleiras o 17 de maio

O Concello de Burela, en colaboración coa asociación cultural e artesanal de mulleres palilleiras...

Récord de participación na Carreira das Praias en Barreiros

O circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros segue a medrar e a consolidarse como un...