InicioOccidentalViveiroViveiro pide respectar os horarios de circulación de vehículos na zona vella

Viveiro pide respectar os horarios de circulación de vehículos na zona vella

Esta ordenanza ten o obxectivo de favorecer a convivencia e preservar a zona monumental. O Concello concederá autorizacións adicionais para circular, previa solicitude, se se cumpren unha serie de supostos

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro lembra á veciñanza a importancia de respectar os horarios de circulación de vehículos na zona vella do municipio.


O Concello dispón dunha Ordenanza de regulación da circulación na zona coa fin de restrinxir ao máximo o tráfico rodado excepto no caso dos vehículos autorizados, como os das forzas e corpos de seguridade, ambulancias, bombeiros, protección civil ou vehículos sanitarios e funerarios.


Esta ordenanza ten o obxectivo de favorecer a convivencia e preservar a zona monumental. O Concello concederá autorizacións adicionais para circular, previa solicitude, se se cumpren unha serie de supostos.


Poderán optar a esta autorización as persoas usuarias de garaxes, titulares de establecementos comerciais con horario de carga e descarga de 9:00 a 12:00 os dias laborais ou os servizos de distribución e reparto no mesmo horario.


Os servizos de distribución de pastelaría e panadaría poderán ter un horario ampliado de 7:00 a 22:00 de luns a venres. No caso do mercado semanal, o horario de entrada será de 7:00 a 9:00, e o de saída, de 13:00 a 15:00.


Tamén poderán optar a autorización as persoas con mobilidade reducida residentes ou traballadoras na zona, as persoas residentes con horario de entrada os luns de 9:00 a 12:00 e os venres de 15:00 a 17:00, os servizos de reparto de comida e menciñas de 9:00 a 22:00 e o persoal de obras de 8:00 a 20:00.


Finalmente, poderán expedirse autorizacións concretas para eventos, celebracións e outras situacións extraordinarias non incluídas nos supostos anteriormente mencionados polo tempo que fose necesario.


Dende o Concello lémbrase que, aínda que non haxa agora mesmo persoal en activo na Policía Local de Viveiro, segue habendo vixiantes que fan un control dos accesos á zona monumental para facer cumprir esta ordenanza.

ÚLTIMAS

Gómez Caamaño: “Estamos introducindo persoal sanitario” en Burela

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, fixo referencia ao Hospital dá Mariña, cuxo...

Viveiro agradece a colaboración institucional pola vertedura de xurro no Landro

O Concello de Viveiro quere expresar o seu agradecemento a todas as institucións que...

Martín Fernández Vizoso: pregoeiro do X Ribadeo Indiano

O xornalista e estudoso Martín Fernández Vizoso será o pregoeiro do X Ribadeo Indiano,...

O alumnado do CEIP de San Miguel de Reinante estivo na ETAP da Barranca

O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP de San Miguel...