InicioOccidentalViveiroA Asociación CCH de Viveiro pon en marcha a campaña 'Volta ao...

A Asociación CCH de Viveiro pon en marcha a campaña ‘Volta ao Cole’

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir deste mércores 28 de agosto a Campaña da Volta ó Cole có sorteo de 4 packs de material escolar.

Nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para estas datas nas que as familias están a preparar a volta ó cole dos rapaces, e sortearemos 4 packs de material escolar.

O xeito de participar é moi sinxelo, só hai que descargar a App ViveiroCCH onde está habilitada a campaña, e subir os tickets de compra de calquera dos negocios asociados do 28 de agosto ó 9 de setembro de 2024 (ambos incluídos). Non hai importe mínimo para poder participar e o sorteo será o 10 de setembro de 2024 ás 16:00 horas a través da propia APP.

Gravarase o sistema de sorteo para difundilo posteriormente en RRSS e tamén avisaremos directamente ós gañadores para que poidan recoller os premios.

Con esta iniciativa intentamos dinamizar esta data comercial importante para o comercio local, poñendo en marcha sorteos e premios para agradecer a fidelidade dos clientes, e acadar que Viveiro continúe a ser, unha vez máis, referente de compras en toda a comarca, sempre contando ca colaboración da Xunta de Galicia dentro dos programas de dinamización de centros comerciais abertos.

Os obxectivos perseguidos con tódalas campañas que pon en marcha a asociación, son por unha parte a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local, e por outra parte fomentar a unión de tódolos comerciantes da zoa para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro.

As bases da campaña e tódala información pódese consultar na web www.viveirocentro.com, e no perfil de Facebook, Twitter e Instagram.

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...