InicioOccidentalViveiroViveiro organiza a terceira edición do karaoke 'Viveiro Canta'

Viveiro organiza a terceira edición do karaoke ‘Viveiro Canta’

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro anuncia unha nova edición do concurso de karaoke “Viveiro Canta”, enmarcado no programa das Festas Patronais de Viveiro. Será o día 7 de agosto ás 21:00 na praza maior.


A terceira edición do “Viveiro Canta” está de novo dirixida ao público de todas as idades, e terá dúas categorías, unha infantil e xuvenil e outra adulta. Un xurado profesional decidirá os gañadores do certame e entregará premios en cada categoría.


As prazas para participar no certame son limitadas, polo que será necesario realizar unha inscrición previa. Esta poderá ser realizada no teléfono 982560162 ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es. Deberán facilitarse os seguintes datos: nome, apelidos, idade, teléfono de contacto, canción que se cantará e autoría da mesma.


A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, anima “a toda a veciñanza a participar neste evento, que se está a converter nun dos máis destacados dentro das festas patronais co éxito acadado nos dous anos anteriores”.

ÚLTIMAS

Ana Pena, guía: “Recomendo visitar o interior da comarca, un lugar pouco coñecido”

-Como te iniciaches nesta actividade de organizar percorridos e rutas turísticas na Mariña? Estudei Turismo...

Accidente mortal en Ribadeo logo dun accidente múltiple entre catro vehículos

Un condutor faleceu na tarde-noite deste pasado xoves na localidade lucense de Ribadeo tras...

Detido un veciño de Foz que tiña unha orde de ingreso en prisión

A Garda Civil detivo a un veciño de Foz sobre o que pesaba unha...

A Xunta cre que Alcoa non dixo “claramente” que non ía cumprir os compromisos do arranque e o Goberno confía en que se cumprirán

O conselleiro de Emprego, Comercio e Migración, José González, non cre "que dixese claramente...