InicioOccidentalViveiroO PP de Viveiro sinala que a dimisión do edil de Deportes...

O PP de Viveiro sinala que a dimisión do edil de Deportes mostra a debilidade do goberno local

Publicada o

- Advertisement -

A renuncia do edil de Deportes, Eleazar Rodríguez, únese á de Marisol Rey, edil de Turismo, dúas concellerías de gran importancia no municipio, que a xuízo da portavoz municipal do PP de Viveiro, Mariña Gueimunde, “constatan a liña de declive e decrepitude na que se atopa o goberno bipartito, sen ideas nin plans para un Viveiro sumido na parálise máis absoluta”. A popular engade: “os perfís que os socialistas venderon nas eleccións como independentes, comprobaron de primeira man que o que se lles prometeu para que se incorporaran á candidatura era todo fume, e só foron utilizados coma un reclamo electoral e relegados coma un clínex rematado ese cometido”.

Mariña Gueimunde lamenta que o deporte da localidade sufra un novo revés ao perder un imprescindible interlocutor directo que saiba do que fala: “o señor Eleazar non tivo tempo de facelo nin ben, nin mal, suponse que foi levado nunha candidatura polos méritos da súa experiencia na xestión deportiva, e puidera ser que por esa mesma experiencia, ao constatar a inercia de pasividade e desidia do goberno bipartito, e os incumprimentos co deporte, prefire apartarse de onde non lle deixan facer”.

Así, a portavoz do PP insta á alcaldesa “a buscar un substituto con solvencia a quen permitan traballar polo deporte, que segue abandonado á súa sorte polos incumprimentos dos compromisos, pola falta duns criterios económicos transparentes e obxectivos, pola inexistencia dun plan de conservación das instalacións e agora engádese, unha vez máis, a ausencia dun edil específico con algunha experiencia no eido do deporte que poida atender en primeira persoa as demandas e necesidades dos clubs”.

Gueimunde pregúntase quen ocupará a praza vacante que deixa este edil “segundo parece non hai moito interese nos integrantes da lista en sumarse ao grupo municipal; despois de que o PSOE incorporase a catro independentes nos oito primeiros postos da súa candidatura”. E, engade, “todo apunta a que a alcaldesa asumirá as funcións da concellería de deportes e xa vimos o atendido que estivo o deporte na anterior lexislatura baixo a súa batuta”.

A popular conclúe que “neste primeiro ano da derrota da alcaldesa, o bipartito segue nesa deriva a ningures que o PP non se vai cansar de reprobar, onde tamén son os propios os que foxen deste desbaraxuste, quen mellor retratan o desgoberno no que se atopa o Concello de Viveiro”.

ÚLTIMAS

Cervo reforza a coordinación para garantir a seguridade en citas do verán

  O Concello de Cervo acolleu este luns a reunión da Xunta Local de Seguridade,...

O Bal y Gay ofrece este 2026 a súa edición máis ambiciosa consolidando A Mariña como referente da música clásica

A rolda de prensa para a presentación da nova edición do Festival Bal y...

Morre un home nun accidente de tráfico en Trababa por unha saída de vía

Un home de 64 anos faleceu nun accidente de tráfico no municipio lucense de...