InicioOccidentalViveiroViveiro finaliza a segunda edición do Club de Lectura En Feminino

Viveiro finaliza a segunda edición do Club de Lectura En Feminino

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro pechou con éxito a segunda edición do club de lectura en feminino, unha iniciativa posta en marcha pola concellería de Cultura e Muller co apoio do Centro de Información á Muller (CIM).

O obxectivo deste proxecto, con reunións mensuais presenciais e en liña, é o fomento da cultura e da literatura cunha visión de igualdade de xénero, dándolle visibilidade e poñendo en valor ás escritoras mulleres.

“Convidamos a todas as persoas interesadas a participar neste clube, de balde e para poñer en valor o traballo das mulleres escritoras, moitas delas galegas”, asegura a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, que xa traballa na terceira edición, que comezará en outubro.

“O obxectivo é ler e compartir, aprendendo e compartindo lecturas”, engade Fernández Fernández-Noriega, que agradece a participación nos últimos meses de escritoras como Ledicia Costas.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...