InicioOccidentalViveiroViveiro reunirase coa Xunta para solicitar vivendas sociais

Viveiro reunirase coa Xunta para solicitar vivendas sociais

Tamén se pedirá a declaración de zona Rexurbe para o casco histórico

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro mantivo en Santiago unha reunión solicitada pola alcaldesa, María Loureiro, co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), da Xunta de Galicia, para avanzar en varios temas importantes para a vila.
Na reunión participaron a alcaldesa, a tenenta de alcaldesa, Míriam Bermúdez, Heriberto García, director xeral do IGVS, e a directora da Oficina de Rehabilitación do casco histórico de Viveiro, Irene Fernández.
“Temos agora mesmo en Viveiro 59 persoas demandantes de vivenda social e o IGVS trasladounos que licitará no mes de xullo o inmoble da rúa Rosalía de Castro para convertilo en vivendas sociais”, explica María Loureiro.
Na reunión, falouse tamén dos trámites necesarios para a declaración do casco histórico de Viveiro como Área Rexurbe, o que abriría o camiño para revitalizar a zona a través da rehabilitación.
O concello quere tamén convertir en Área de Rehabilitación Integral (ARI) o casco de Celeiro, outro dos temas dos que se falou no encontro.

ÚLTIMAS

Esixen á Xunta de Persoal demostrar que son os convocantes das concentracións no Hospital de Burela

A Dirección do Hospital esixe por escrito que a Xunta de Persoal demostre que...

Política Social non aborda os problemas de Foz no Parlamento

A conselleira de Política Social, Fabiola García, en resposta a unha pregunta parlamentaria da...

A Praza de Abastos de Viveiro recibe máis de 47.000 euros para a súa revitalización

O Concello de Viveiro recibiu unha axuda de 47.702,40 euros da Consellería de Emprego,...

Deteñen na estación de bus de Viveiro ao atracador dun banco en Burela

A Garda Civil detivo a un home na estación de autobuses de Viveiro como o presunto responsable...