InicioOccidentalViveiroPromoción dunha campaña de reciclaxe en Viveiro para centros educativos

Promoción dunha campaña de reciclaxe en Viveiro para centros educativos

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Medio Ambiente de Viveiro dá comezo hoxe, xoves 6 de xuño, á súa nova campaña de promoción da reciclaxe nos centros educativos do municipio.


Esta iniciativa incluirá diversos obradoiros, que teñen como obxectivo a divulgación sobre a reciclaxe e a compostaxe entre o alumnado e os máis cativos, que están en período de formación e aprendizaxe.


Nestas actividades daranse a coñecer as diferentes fraccións de residuos e introduciranse os proxectos que ten posto en marcha o Concello de Viveiro neste ámbito.


Hoxe impartíronse tres obradoiros no CEIP Celeiro dirixidos ó alumnado de educación infantil, onde os nenos e as nenas aprenderon en que colector deben depositar cada residuo e en que consiste a compostaxe.


Esta primeira xornada tivo lugar entre as 10:00 e as 11:30 da mañá. Posteriormente tivo lugar unha segunda xornada de obradoiros no CEIP de Santa Rita, dirixida ó alumnado de educación primaria, entre as 12:30 e as 13:30 horas.

ÚLTIMAS

Anxo Martíns: “O irmandamento con Loktudi é un dos vinte que hai entre vilas galegas e bretoas”

-Como nace a este irmandamento entre Ribadeo e Loktudi na Bretaña francesa? En 2005, respondendo...

Iria Castro destaca o papel dos filántropos na presentación do Ribadeo Indiano

 A deputada de Cultura Iria Castro participou esta tarde  acto inaugural do Ribadeo Indiano,...

Viveiro recoñecido como Concello Emprendedor pola Xunta

O Concello de Viveiro vén de recibir a declaración oficial como Concello Emprendedor, segundo...

O mercado de Foz será o venres 18 en vez do martes debido ás Festas do Carme

O Concello de Foz anuncia que a vindeira semana o tradicional mercado dos martes,...