InicioOccidentalViveiroViveiro informa do remate das obras de mellora en varios viais de...

Viveiro informa do remate das obras de mellora en varios viais de granxas

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa do remate das obras de mellora en varios viais de Granxas, en Covas. Trátase de catro viais moi concorridos dada a súa proximidade á praia de Covas e á existencia na zona de edificios de vivendas e establecementos comerciais.


“A actuación, cun investimento de 164.392,96 euros, incluíu labores de mellora da pavimentación na zona destinada ao tráfico rodado, así como a reposición dos servizos urbanos de rede de saneamento, implementación da rede separativa de pluviais e dotación dunha nova rede de abastecemento de auga”, explica a alcaldesa, María Loureiro. Era unha obra incluída no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2023 da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

UGT reclama ao Goberno medios para manter a produción de Alcoa

O secretario xeral da federación de Industria de UGT, Mariano Hoya, lembrou que a...

Roi Fernández, Vendaval Fest: “O festival nace para ver música rock en directo, algo que estrañabamos”

-Quen está detrás do Vendaval Fest e cal foi a idea que deu pe...

O BNG reclama ao Goberno “urxentemente” para garantir o futuro de Alcoa

O BNG reclamará ao Goberno central "actuacións urxentes" para "garantir" a continuidade da actividade...

Mondoñedo acolle este martes o Correlingua 2025

A vila de Mondoñedo será este martes, 20 de maio, escenario dunha nova parada do Correlingua...