InicioOccidentalViveiroA alcaldesa de Viveiro considera moi grave o estado do centro de...

A alcaldesa de Viveiro considera moi grave o estado do centro de saúde “sen citas para atención primaria en xuño

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, advirte “da grave situación do noso centro de saúde, ata o punto de que xa non hai citas de Atención Primaria libres en todo o mes de xuño”.

“Desgrazadamente non é unha situación nova”, lembra a alcaldesa, “e desde o concello reclamamos en moitas ocasións á Consellería de Sanidade da Xunta unha solución urxente que non chega”.

O pasado mes de novembro, os veciños e veciñas de Viveiro manifestáronse para reclamar unha mellor atención sanitaria. Ademais das demoras en atención primaria, hai tamén problemas continuos no servizo de pediatría.

O goberno local insiste en destacar “a gravidade da situación, está en risco a saúde dos nosos veciños e veciñas”, aos que demandan “que reclamen tamén as deficiencias, que presenten reclamacións no centro de saúde para que a Consellería de Sanidade faga algo”.

“A Xunta ten que cubrir as baixas, Viveiro non é un concello de segunda, está en risco a saúde de máis de 15.000 veciños, aos que se xuntan as persoas que nos visitan no verán”, remata Loureiro.

ÚLTIMAS

Rafael Blas: “Esta é unha homenaxe ao porco, ás persoas que criaron porcos e tamén ao matachín”

-Por que se decidiu celebrar este Día de Exaltación á Carne de Porco? Esta é...

Excarceradas dúas persoas tras un choque entre unha furgoneta e un coche na N-642 en Cervo

Dúas persoas tiveron que ser excarceradas tras unha colisión entre unha furgoneta e un...

Barreiros ultima os traballos de mellora do Santo Estevo do Ermo

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e o concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira,...

Viveiro informará das zonas habilitadas para acampar durante o Resurrection Fest

O Concello de Viveiro informa que, con motivo da celebración do Resurrection Fest, que...