InicioOccidentalViveiroMedio Rural de Viveiro pecha co sector forestal unha ordenanza para as...

Medio Rural de Viveiro pecha co sector forestal unha ordenanza para as sacas de madeira

Publicada o

- Advertisement -

A concellería de Medio Rural de Viveiro pechou co sector forestal local unha ordenanza consensuada que protexerá os viais da vila nas sacas de madeira.


“Unha ordenanza consensuada ao 100% co sector forestal, unha garantía para non estropear os viais, xa que se asegura a reposición dos mesmos cando se deterioren como consecuencia da actividade forestal”, explica o concelleiro de Medio Rural, Ramón Martínez.


“Fíxose unha modificación no texto da ordenanza anterior”, engade Martínez, “e esta modificación, esta ordenanza, non é a única actuación impulsada desde a concellería, pois unha vez aprobado o texto queremos continuar falando co sector para mellorar as infraestruturas na medida do posible, xunto coa creación de acopios para que se mellore a sua actividade e tamén se protexan os viais, escollendo os lugares de traballo”.


“Mantivemos nos últimos meses varias reunións co sector, buscando unha coordinación e un contacto permanente entre os diversos axentes implicados para que, na medida do posible, todo o mundo poida realizar a súa actividade sen que comprometa a ningunha das outras partes”, remata Ramón Martínez.

ÚLTIMAS

Feira do Mel do Valadouro: a vocación e a resistencia fronte aos desafíos do sector

  O concello do Valadouro volve ser o epicentro da apicultura mariñá e galega coa...

O Goberno central comprométese coa pesca artesanal con medidas para facer atractivo o sector

A secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, participou este venres na xornada de traballo...

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...