O Concello de Viveiro informa do comezo das obras da nova pista de Skatepark na zona de Lodeiro. As obras, coa colaboración da Deputación de Lugo, contan cun orzamento de 131.000 euros e o proxecto inicial foi readaptado para habilitar un espazo más seguro e apto para esta modalidade deportiva.
A construción desta pista permitirá á veciñanza dispor dunha nova área de lecer na vila coas medidas de seguridade e técnicas que exixe un espazo destas características, dotado ademais de ramplas con diferentes niveis, obstáculos e distintos elementos patinables.
“Coa construción deste Skatepark damos resposta a un espazo moi demandado polos veciños e veciñas de Viveiro”, subliña a alcaldesa María Loureiro.
“Para poder levar a cabo esta pista e os cambios sobre o proxecto inicial foi necesario falar con monitores de skate sobre os elementos que precisaría unha área destas características, con técnicos municipais e con arquitectos expertos na elaboración deste tipo de proxectos”, engade Loureiro.