InicioOccidentalViveiroViveiro instalará auga e renovará o firme do paseo fluvial

Viveiro instalará auga e renovará o firme do paseo fluvial

Publicada o

- Advertisement -

A tenenta de alcaldesa de Viveiro, Míriam Bermúdez, lembra que só no último ano se investiron 23.000 euros en diferentes traballos de acondicionamento e mantemento no paseo fluvial.


Entre os traballos realizados, houbo reparacións de carpintería, desbroces e podas. “Estamos mantendo este espazo da mellor maneira posible cos recursos contidos que temos para a gran superficie que supón”.


A Tenencia de Alcaldía de Viveiro anuncia “unha actuación para a instalación de auga no paseo fluvial para poder baldear a tarima e quitarlle o verdín que lle fai podrecer”. Unha vez realizada esta actuación de baldeo, valorarase se procede a instalación dunha malla especial que ofrece maior agarre evitando os esvaramentos.


“O que ocorre é que temos un paseo construído no 2001, fai 23 anos, nos que o mantemento realizado foi insuficiente”, advirte Míriam Bermúdez, “e o estado da pasarela fai que nos plantexemos a retirada de polo menos unha parte, estamos asesorándonos con especialistas para ver a mellor solución e como resolver o firme unha vez retirada”.

ÚLTIMAS

Eduardo Míguez: “A frota máis grande de Celeiro é a de Gran Sol con 30 barcos”

-Cantos barcos compoñen a día de hoxe a frota de Puerto de Celeiro e...

Sanidade Pública da Mariña reclama a restauración da antiga área sanitaria

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña e varios colectivos sociais e...

O BNG reclama en Viveiro á Xunta que “fortaleza” a Sanidade Pública

A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil, pediu ao PPdeG que "acabe coa situación" da...

O PSdeG critica ao PP por deixar a sanidade da Mariña “case en colapso”

A secretaria de organización do PSdeG e deputada no Parlamento galego, Lara Méndez, participou...