InicioOccidentalViveiroViveiro desenvolveu charlas informativas nos colexios públicos

Viveiro desenvolveu charlas informativas nos colexios públicos

“Dentro da iniciativa Cidades Amigas da Infancia, Viveiro, como cidade candidata, aposta pola participación infantil e xuvenil co obxectivo de ter en conta as súas opinións, necesidades e prioridades na vida pública municipal”, asegura a alcaldesa, María Loureiro

Publicada o

- Advertisement -

O Grupo de Participación Xuvenil do Concello de Viveiro desenvolveu a semana do 29 de abril ao 3 de maio charlas informativas nos colexios públicos do municipio: CEIP de Covas, Ceip Santa Rita de Galdo, Ceip de Celeiro e Cep Lois Tobío.


As charlas tiveron o obxectivo de dar a coñecer a súa experiencia e animaron aos nenos e nenas a participar integrándose no Grupo Infantil, no que unha persoa dinamizadora os guiará e acompañará mediante xogos, dinámicas e saídas que se organicen e decidan, sempre a proposta ou por iniciativa dos propios participantes.


“Dentro da iniciativa Cidades Amigas da Infancia, Viveiro, como cidade candidata, aposta pola participación infantil e xuvenil co obxectivo de ter en conta as súas opinións, necesidades e prioridades na vida pública municipal”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.


Dende setembro do 2021 funciona o Grupo Municipal de Participación Xuvenil, integrado por arredor de 12 mozas e mozos e estase traballando na ampliación da iniciativa á poboación infantil, polo que convídase ás familias a ampliar a información sobre o programa, resolvendo dúbidas no mail informacion.xuvenil@viveiro.es ou presencialmente no Concello de Viveiro, na Oficina de Información Xuvenil. Máis información das actividades que realizan no instagram @p.v.x2024

ÚLTIMAS

O presidente da República de Cabo Verde recibe á alcaldesa de Burela no pazo presidencial

O Presidente da República de Cabo Verde, José María Neves, vén de recibir á...

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado...