InicioOccidentalViveiroViveiro e a Asociación Gadoupas buscan persoas para acollida de cans

Viveiro e a Asociación Gadoupas buscan persoas para acollida de cans

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro e a asociación Gadoupas buscan persoas voluntarias para participar no servizo municipal de atención aos cans abandonados ou que precisan ser acollidos

Publicada o

- Advertisement -

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro e a asociación Gadoupas buscan persoas voluntarias para participar no servizo municipal de atención aos cans abandonados ou que precisan ser acollidos.


Na zona habilitada en San Roque para esta actividade hai nestes momentos 6 cans en adopción, o que fai necesaria a chegada de novos voluntarios e voluntarias, así como a búsqueda de persoas interesadas en adoptar os animais.


Estes cans e cadelas son Penedo, un cruzamento de mastín de 3 anos; Kira, un cruzamento de border collie dun ano; Dixon, un mestizo de tamaño grande de 6 anos; Ares, un mestizo de tamaño mediano-pequeno de 4 anos; Vega, unha mestiza de tamaño pequeno dun ano; e Area, unha mastín de 6 anos.


Gadoupas é unha asociación sen ánimo de lucro que leva dende 2017 colaborando co Concello de Viveiro na atención aos cans. Danlles comida e todos os coidados veterinarios, e tramitan as adopcións. Todos os animais entréganse en adopción xa vacinados, con chip e esterilizados.


O Concello de Viveiro sufraga unha parte dos gastos desta actividade. Ademais, recentemente acometéronse obras de mellora no espazo, que permiten que os cans estean soltos sen problemas dentro do recinto.


Míriam Bermúdez, tenenta de alcaldesa e concelleira de Medio Ambiente, destaca “o gran labor realizado pola asociación Gadoupas” e chama á veciñanza “ao voluntariado e a adopción dos cans, para seguir garantindo que todos os animais de Viveiro estean atendidos nas mellores condicións”.


O persoal voluntario conta coa axuda das persoas que levan máis tempo para explicarlles como atender os cans e establecer as quendas para atendelos, darlles de comer e pasealos. O que se precisa para ser voluntario ou voluntaria é comprometerse a facer unha quenda de mañá ou de tarde ao longo da semana, no horario que sexa posible.


Para máis información pódese contactar con Gadoupas e a súa responsable Elena García nas redes sociais da asociación, presente en Instagram como @asociaciongadoupas e en Facebook como Asociación Gadoupas Viveiro.

ÚLTIMAS

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

As escolas deportivas de Ribadeo abren o prazo de inscrición o vindeiro luns

As Escolas Deportivas de Verán, que organiza o Concello de Ribadeo, ofrecen as especialidades...

Xornada sobre a velutina no Concello de Barreiros

As Escolas Vellas de San Miguel de Reinante acolleron esta mañá a xornada técnica...

‘Hablando de Pájaros’ presentará actividades de ecoturismo aos asociados a ACISA Ribadeo

O próximo 27 de maio a empresa Falando de Paxaros presentará as súas actividades...