InicioOccidentalViveiroViveiro celebrará o Maratón Autonómico Urbano Special Olimpics

Viveiro celebrará o Maratón Autonómico Urbano Special Olimpics

Celebrarase o 25 de maio

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, anuncia que o Maratón Autonómico Urbano 2024 se celebrará o día 25 de maio no municipio. O evento convocará, entre participantes e organización, a unhas 350 persoas.


Este maratón está organizado por Special Olympics Galicia, promovido pola Asociación de Pais de Persoas Con Discapacidade Intelectual de Viveiro (ASPANANE), e coa colaboración da federación de asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual FADEMGA – Plena Inclusión Galicia, do Concello de Viveiro e da Deputación de Lugo.


O anuncio prodúcese logo dunha reunión que tivo lugar hoxe na Casa do Concello entre a alcaldesa, o xefe de Protección Civil local Manuel Expósito e máis varias persoas representantes da organización: a xerente de Aspanane, Elena Santos Cociña, a directora de Special Olympics Galicia, Eunice Mosquera, e o presidente desta mesma entidade Eladio Fernández Pérez.


María Loureiro sinalou que “a inclusión no deporte e en todos os ámbitos da sociedade é unha prioridade para o Concello de Viveiro, polo que é unha honra para nós acoller a celebración deste evento tan importante e necesario”.


No maratón haberá haberá catro carreiras diferentes coas seguintes distancias: 4000 metros, 1.500 metros, 800 metros e 300 metros. Todas as persoas participantes nas probas recibirán unha medalla como recoñecemento ao seu traballo e esforzo.


O evento ten como obxectivo ser unha competición igualitaria e normalizada, na que se reivindique que as persoas con dispacidade intelectual poden practicar deporte independentemente das súas capacidades. Busca, así mesmo, sensibilizar e concienciar á sociedade sobre esta cuestión.


A chegada dos participantes a Viveiro está prevista para as 10:30 do 25 de maio. Ás 10:45 terá lugar o acto de inauguración e o desfile dos e das deportistas. O maratón será de 12:00 a 14:00 horas, momento no que terá lugar a clausura do evento.

ÚLTIMAS

Burela recibe ao ministro das comunidades de Cabo Verde, Jorge Santos

O Goberno Local de Burela recibiu a visita do Ministro das Comunidades da República...

Viveiro asegura que o novo plan de accesibilidade “mellorará o día a día das persoas”

A tenenta de alcaldía do Concello de Viveiro, Míriam Bermúdez, mantivo hoxe unha reunión...

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...