InicioOccidentalViveiroViveiro colabora coa Cámara Mineira de Galicia para unha andaina na Silvarosa

Viveiro colabora coa Cámara Mineira de Galicia para unha andaina na Silvarosa

Publicada o

- Advertisement -

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro, a través da Concellería de Medio Rural, colabora coa Cámara Oficial Mineira de Galicia na organización dunha andaina na contorna da Silvarosa para conmemorar o Xeolodía, un evento impulsado pola Sociedad Geológica de España.


Esta “excursión xeolóxica” terá lugar o día 11 de maio, sábado, data de celebración do Xeolodía. Esta efeméride ten lugar cada ano na segunda fin de semana de maio. O concelleiro de Medio Rural, Juan Ramón Martínez Castro, sinala que “é unha honra que Viveiro fose o municipio elexido para a celebración do Xeolodía na nosa provincia por parte da organización, que pon en valor deste xeito o noso gran patrimonio natural e mineiro”.

A excursión, baixo o título “Do ferro Ordovícico ás Minas da Silvarosa: o patrimonio xeomineiro de Viveiro”, será gratuíta con prazas limitadas, polo que será necesario realizar a inscrición a través do teléfono 635 559 698 en horario de oficina ou no enderezo web https://geolodia.es/geolodia-2024/lugo-2024/


Debido ao alto número de inscricións en edicións anteriores, decidiuse organizar dúas quendas da actividade, unha ás 10:00 e outra ás 16:00, cunha duración estimada de 4 horas cada unha, nas que se explicará e poñerá en valor a historia destas minas de ferro e a orixe do mineral.


O xeolodía é un evento anual de divulgación xeolóxica coordinado pola Sociedade Xeolóxica de España coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, así como de varias decenas de institucións e empresas máis.


A cita ofrece percorridos xeolóxicos gratuítos e abertos a todos os públicos en cada unha das 50 provincias españolas, ademais de diversas actividades virtuais, como vídeo-roteiros xeolóxicos, Xeocharlas e ata un videoxogo.


A andaina que se celebrará en Viveiro, e que conta tamén co apoio da Comunidade de Montes de Vieiro, será a actividade escollida para celebrar o Xeolodía na provincia de Lugo.
Para complementar este evento, a Cámara Oficial Mineira de Galicia organiza, na mañá do día 21 de maio, a actividade “O meu primeiro Xeolodía: as minas da Silvarosa, unha viaxe ao pasado”.


A iniciativa incluirá unha visita interpretada ás instalacións e a realización de talleres prácticos con estudantes de 6º de primaria dos catro colexios de Viveiro. Para máis información pódese contactar coa organización nos correos oficina.tecnica@camaraminera.org e comunicacion@sociedadgeologica.org

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...