InicioOccidentalViveiroViveiro realiza labores de mantemento nas cunetas de Naseiro

Viveiro realiza labores de mantemento nas cunetas de Naseiro

Publicada o

- Advertisement -

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro, a través da Concellería de Medio Rural, realizou labores de mantemento nas cunetas da estrada de Naseiro, para corrixir os desperfectos provocados polos últimos temporais.


O concelleiro de Medio Rural, Ramón Martínez, explica que “a actuación nas cunetas era prioritaria para que a auga non desborde en caso de novas crecidas do río Landro”. “Estas crecidas causaron no pasado mes e medio que a estrada ficase practicamente intransitable”, sinala Martínez, “polo que foi necesario realizar unha limpeza exhaustiva”.


A pista, á que se accede dende a estrada LU-161, leva ao campo da festa, o lugar onde se celebra cada agosto a Romaría do Naseiro, tamén coñecida como a Romaxe do Bo Xantar. A tenenta de alcaldesa de Viveiro, Míriam Bermúdez, destaca “a importancia que ten esta estrada para a celebración desta festa tan senlleira, que facía imperativo tela o antes posible nas mellores condicións”.

ÚLTIMAS

María José Ginzo, matemática: “Unha conclusión é que o mapa dos apelidos galegos coincide cos das dióceses”

-Que motivación viches en realizar un traballo arredor dos apelidos, a súa cuantificación e...

As néboas perennes do Alto do Fiouco manteñen o debate sobre a seguridade viaria na A-8: “Cando xa estás no túnel de néboa, non...

Nos verdes pasteiros que disecciona a Autovía do Cantábrico ao seu paso polos municipios lucenses...

Foz fai un balance positivo do verán con mil visitantes máis que en 2023

As oficinas de turismo de Foz e o Centro de Interpretación da Basílica de...

A Deputación de Lugo asina un convenio para impulsar a formación de redeiras

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou un novo convenio de...