InicioOccidentalViveiroA CAMOVI de Viveiro será unha homenaxe a Ramón Blanco na edición...

A CAMOVI de Viveiro será unha homenaxe a Ramón Blanco na edición deste ano

A carreira celebrarase esta fin de semana

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro será esta próxima fin de semana o escenario dunha nova edición da carreira pola montaña Camovi.

Nesta edición, ademais a Camovi será unha homenaxe a Ramón Blanco, un referente no mundo do alpinismo que ascendeu a algúns dos cumios máis altos do mundo, entre eles o Monte Everest. O alpinista tiña unha especial vinculación coa Camovi.

Na presentación da proba, celebrada esta mañá en Lugo, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, agradeceu “ao clube organizador da proba, o Camovi, o seu esforzo e traballo desde hai anos”.

“Como eles mesmos explican, do reto dun grupo de amigos por percorrer os montes que rodean o Val do Landro naceu a Camovi, esta Carreira de Montaña Montes de Viveiro, e para nós, como Concello de Viveiro, é un pracer e unha obriga colaborar e contribuir á súa promoción”, afirmou.

“Estou convencida de que a Camovi será un éxito e desde o Concello de Viveiro seguiremos facendo todo o que esté da nosa man para apoiar esta carreira e impulsar o deporte en todas as súas modalidades”, rematou Loureiro.

ÚLTIMAS

Alcoa analiza ofertas non vinculantes de posibles compradores

Alcoa atópase analizando ofertas non vinculantes de "potenciais interesados" recibidas polo complexo de San...

‘El Pequeño Nicolás’, absolto do delito de usurpación de funcións e suborno durante a súa viaxe a Ribadeo en 2014

O Tribunal Supremo (TS) acordou absolver a Francisco Nicolás Gómez Iglesias, coñecido como 'El Pequeño Nicolás',...

Remolcan ata Burela un veleiro francés con dous tripulantes

Un veleiro francés, 'Bleiz Ar Mor', con dous tripulantes a bordo, foi remolcado este...

O Concello de Foz envía un comunicado sobre a prestación do servizo da residencia

O Concello de Foz envía un comunicado de prensa sobre a prestación dos servizos...