InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro realizará unha auditoría da rede de augas

O Concello de Viveiro realizará unha auditoría da rede de augas

“Coa auditoría, pretendemos identificar os problemas na rede e aforrar custos, ao detectar e corrixir perdas de auga debido ás fugas e optimizando o consumo enerxético dos equipos”, explica o concelleiro Ramón Martínez

Publicada o

- Advertisement -

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro realizará unha auditoría da rede de abastecemento municipal, co obxectivo de planificar futuras obras de mantemento, reducir as perdas de auga e mellorar a eficiencia do servizo.


“Coa auditoría, pretendemos identificar os problemas na rede e aforrar custos, ao detectar e corrixir perdas de auga debido ás fugas e optimizando o consumo enerxético dos equipos”, explica o concelleiro Ramón Martínez.


“Queremos identificar áreas onde a distribución de auga non é eficiente e implementar medidas para mellorar o fluxo, e sobre todo coñecer o estado actual da rede de abastecemento para planificar de forma efectiva futuras obras de mantemento, reparación ou expansión da infraestrutura”, engade.


O servizo de abastecemento de Viveiro está composto por catro captacións, unha ETAP, doce depósitos de cabeceira e distribución, seis estacións de bombeo e as redes de distribución correspondentes. Para realizar a auditoría, o concello obtivo unha subvención de Augas de Galicia.


“Somos conscientes dos puntos nos que se dan roturas máis habitualmente, e con este estudo poderemos determinar cal é a actuación máis correcta para solventalo”, remata Ramón Martínez.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...