InicioOccidentalViveiroViveiro fai un chamamento a asistir ao obradoiro de redes sociais para...

Viveiro fai un chamamento a asistir ao obradoiro de redes sociais para empresas

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Emprego do Concello de Viveiro convida á veciñanza que poida estar interesada nel a asistir ao obradoiro en liña sobre redes sociais para empresas organizado por Acelera Pyme Lugo.


A actividade, chamada “Aprende a xestionar as túas redes sociais de 0 a 100”, será totalmente de balde e terá lugar este mércores, día 10 de abril, de 9:00 a 10:00. Para participar só é necesario o rexistro previo no enderezo web https://zfrmz.com/Iia8LUYjhgE6R5vay1J0


A concelleira de Emprego de Viveiro, Iria Cotelo, sinala que “esta iniciativa gratuíta é unha marabillosa oportunidade para que as persoas emprendedoras de Viveiro poidan levar a súa empresa ao seguinte nivel”.


Con este taller, Acelera Pyme Lugo, entidade pública parte do programa nacional do mesmo nome, permitirá ás persoas participantes descubrir como optimizar a presencia dun negocio en redes sociais.


Tratarase dun seminario en liña onde se explicarán as cuestións básicas das redes sociais e se aportarán diversos trucos para impulsalas. Será impartido por Geraldine Míguez da axencia VisualPublinet.


Entre os temas que se tratarán no obradoiro están: que e cantas redes sociais debe ter un negocio e como crealas, como deseñar unha estratexia de redes, como impulsar os perfís, como programar e calendarizar os contidos ou que ferramentas empregar para a xestión de redes.

ÚLTIMAS

Esixen á Xunta de Persoal demostrar que son os convocantes das concentracións no Hospital de Burela

A Dirección do Hospital esixe por escrito que a Xunta de Persoal demostre que...

Política Social non aborda os problemas de Foz no Parlamento

A conselleira de Política Social, Fabiola García, en resposta a unha pregunta parlamentaria da...

A Praza de Abastos de Viveiro recibe máis de 47.000 euros para a súa revitalización

O Concello de Viveiro recibiu unha axuda de 47.702,40 euros da Consellería de Emprego,...

Deteñen na estación de bus de Viveiro ao atracador dun banco en Burela

A Garda Civil detivo a un home na estación de autobuses de Viveiro como o presunto responsable...