InicioOccidentalViveiroO conservatorio de Viveiro ofrecerá dous cursos de música gratuítos para adultos

O conservatorio de Viveiro ofrecerá dous cursos de música gratuítos para adultos

Os cursos serán os de Iniciación á Linguaxe Musical, indicado para adultos sen coñecementos musicais, e de Iniciación á Batería, para adultos sen coñecementos do instrumento. Terán lugar os catro luns do mes de maio, en horario de 19:30 a 20:30.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro e o Conservatorio Profesional de Música de Viveiro organizan dous novos cursos de música gratuítos dirixidos a adultos para o mes de maio.


Os cursos serán os de Iniciación á Linguaxe Musical, indicado para adultos sen coñecementos musicais, e de Iniciación á Batería, para adultos sen coñecementos do instrumento. Terán lugar os catro luns do mes de maio, en horario de 19:30 a 20:30.


O prazo para as inscricións nos cursos, que contarán con prazas limitadas, comezará hoxe, luns día 8 de abril, e rematará o día 12 de abril. As persoas interesadas poden anotarse na secretaría do conservatorio. Para máis información poden chamar ao número 982 560 486.

O concelleiro responsable do Conservatorio, Jesús Fernández Fernández, encadra estas iniciativas “na aposta do Concello pola promoción da música e por unha educación accesible a todas as persoas”.


Pola súa banda, a alcaldesa María Loureiro anima á veciñanza “a participar nestes cursos e nas demais iniciativas do conservatorio, xa que nunca é tarde para aprender música a pesar de que non se teñan coñecementos previos”.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...