InicioOccidentalViveiroPresentación en Viveiro de 'Tecendo Redes', novela gañadora da IV Edición do...

Presentación en Viveiro de ‘Tecendo Redes’, novela gañadora da IV Edición do Vilar Ponte

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro presentou hoxe ‘Tecendo Redes’, a novela de Irene Rega Jul gañadora da cuarta edición do Premio Literario Vilar Ponte (ano 2022). Á presentación, no Conservatorio de Musica de Viveiro, asistiron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; a autora, Irene Rega Jul; Malores Villanueva, da Editorial Galaxia, e Manuel Galdo, de Por Viveiro.


“Estou convencida de que ‘Tecendo Redes’ será un gran éxito editorial, da man ademais de Galaxia, que leva case 75 anos traballando pola cultura e a promoción literaria en Galicia”, destacou Maria Loureiro, que destacou “a importancia que para o Concello de Viveiro ten este certame de narrativa Vilar Ponte”.


O Premio Literario Vilar Ponte celébrase desde o ano 2018 e só se interrumpiu un ano pola pandemia. Da novela presentada hoxe, ‘Tecendo redes’, destacou no seu momento o xurado “a súa contribución á novela negra galega, aportando unha mirada renovadora ás temáticas clásicas do xénero”.


Unha obra cun elevado ritmo narrativo, unha construción dos personaxes e unha trama que mantén a intriga ata o final. Por outra banda, o xurado puxo en valor cando elixiu esta novela como gañadora “a escolla de escenarios pouco habituais no xénero, así como o feito de tratar temas e problemáticas da sociedade actual, como o acoso ás mulleres e o maltrato cun enfoque comprometido”.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...