InicioOccidentalViveiroViveiro impulsa a creación dunha liña de bus circular

Viveiro impulsa a creación dunha liña de bus circular

"Traballando en colaboración coa empresa, deseñamos a modificación das actuais rutas pra facelas máis eficientes e que sirvan para crear un bus cómodo para ser utilizado pola veciñanza", afirma a tenenta de alcaldesa Míriam Bermúdez

Publicada o

- Advertisement -

A Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Mobilidade de Viveiro presentaron para a súa aprobación por parte da Consellería de Mobilidade da Xunta de Galicia un proxecto de liñas de autobús que inclúe un bus circular, creado en colaboración coa empresa concesionaria Autobuses de Viveiro.


Este bus circular conectará cunha frecuencia de 30 minutos os tres principais núcleos poboacionais do municipio, Covas, Viveiro e Celeiro. O proxecto inclúe varias liñas adicionais e será posteriormente ampliable a outras zonas do concello.


“Traballando en colaboración coa empresa, deseñamos a modificación das actuais rutas pra facelas máis eficientes e que sirvan para crear un bus cómodo para ser utilizado pola veciñanza”, afirma a tenenta de alcaldesa Míriam Bermúdez.


“Agardamos que dende a Xunta de Galicia teñan a ben os cambios propostos e dean o seu apoio a este proxecto, para deste xeito contribuír a mellorar a calidade de vida da veciñanza de Viveiro”, sinala Bermúdez.


A ruta circular irá dende Escourido á praza do Naufrago en Celeiro, funcionará de luns a sábado e, cun horario especial, tamén os domingos. Ademais, o proxecto inclúe tamén rutas entre Covas Motel e Burela e entre a igrexa de Valcarria e a Estación de Autobuses de Viveiro, que funcionarán de luns a venres.


Esta última ruta “garantirá tamén a conexión co rural, e o servizo será ampliable e modificable en función de como vaia funcionando”, explica a tenenta de alcaldesa.
O billete tería un prezo de 1,55€, e serían aplicables todas as tarxetas con descontos da Xunta, como as dirixidas á mocidade ou a persoas maiores.


“Este proxecto vai supoñer un cambio de hábitos para a veciñanza, pero será un cambio a mellor, polo que agardamos que veciñas e veciños lle dean un amplo uso”, subliña Bermúdez. “Agora está nas mans da Xunta admitir esta modificación, que permitirá crear unha cidade máis sostible ao tempo que suporá un gran beneficio para os e as viveirenses”, conclúe.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...