InicioOccidentalViveiroReunión do Concello de Viveiro con Cogami para elaborar un novo plan...

Reunión do Concello de Viveiro con Cogami para elaborar un novo plan de accesibilidade

Publicada o

- Advertisement -

As concellerías de Emprego e de Accesibilidade do Concello de Viveiro tiveron un primeiro encontro con COGAMI, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, de cara á elaboración dun Plan de Accesibilidade para Viveiro.


Participaron na xuntanza o presidente de COGAMI, Ramón Sestayo Lestón, e o presidente de COGAMI Lugo, José Luis Lolo Celeiro, acompañados de varios técnicos da confederación. Por parte do Concello asistiron Míriam Bermúdez, concelleira de Accesibilidade e primeira tenenta de alcaldesa, e Iria Cotelo, concelleira de Emprego.


“Solicitamos información para coñecer de primeira man o labor da organización, xa que queremos facer un Plan de Accesibilidade para Viveiro que teña no centro as demandas das persoas con discapacidade”, explica Cotelo.


A concelleira sinalou que o obxectivo é “facer de Viveiro un lugar accesible e cómodo para todas as persoas”. “Temos moito interese en elaborar este I Plan de Accesibilidade para Viveiro, e COGAMI conta cun departamento nesta área encargado de realizar estes proxectos, que son vitais para a eliminación de barreiras no municipio“, engade.


“Tamén mostramos interese en coñecer o procedemento para que o Concello poida realizar a contratación reservada de persoas con discapacidade, xa que para nós é importante usar todas as ferramentas que existen para garantir a igualdade de oportunidades”, destaca a concelleira de Emprego.


Cotelo afirmou que o encontro “foi moi fructífero, e continuaremos traballando de forma coordinada tanto para elaborar o plan como para realizar as contratacións”. “Agradecemos fondamente a disponibilidade dos membros da confederación”, concluíu.

ÚLTIMAS

Morre tamén a nai da falecida no incendio do Valadouro

A muller de 77 anos trasladada ao Hospital da Mariña polas feridas sufridas no incendio...

ACISA Ribadeo anima ás empresas locais a unirse ao Bono Activa Comercio

Acisa anima ás empresas locais a adherirse ao Bono Activa Comercio da Xunta....

A CAMOVI de Viveiro será unha homenaxe a Ramón Blanco na edición deste ano

O Concello de Viveiro será esta próxima fin de semana o escenario dunha nova...

O sábado 20 de abril comeza a XVII Edición de Ribadeo de Tapeo

Este sábado, 20 de abril, dará comezo o XVII Ribadeo de Tapeo, un dos...