InicioOccidentalViveiroViveiro impulsa a ampliación da rede de saneamento en Vieiro

Viveiro impulsa a ampliación da rede de saneamento en Vieiro

Publicada o

- Advertisement -

A Tenecia de Alcaldía do Concello de Viveiro extenderá a rede de saneamento ás vivendas da Igrexa, na parroquia de Vieiro, co apoio da Vicepresidencia e da área de Rural da Deputación de Lugo. As obras, que teñen un prazo de execución dun mes, supoñen un investimento de 48.270€.


O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, achegáronse esta mañá ata a zona onde se está a desenvolver a actuación xunto á tenenta de alcaldesa Miriam Bermúdez e o concelleiro de Medio Rural do municipio Ramón Martínez.


Os traballos previstos consisten na extensión da rede de saneamento municipal mediante a instalación dunha tubaxe pola vía municipal que comunica as vivendas e dá acceso a varias parcelas agrícolas.


A rede, que se instalará a un metro de profundidade, rematará nunha estación de bombeo de augas residuais de nova construción executada en polietileno, que se conectará ao colector xeral que evacúa as augas ata a EDAR de Celeiro.


A tenenta de alcaldesa Miriam Bermúdez explicou que “a extensión da rede de saneamento prestará servizo a cinco vivendas, aumentado a calidade dos servizos para as persoas que viven aquí, e reducirá o impacto medioambiental na zona, xa que esta actuación tamén evitará o vertido de augas residuais directas ao medio, sen depurar”.


O deputado de Rural, Daniel García, sinalou que “a extensión dos sistemas de saneamento e abastecemento supoñen un grande esforzo económico para os concellos con amplas zonas rurais, polo que a colaboración entre administracións resulta fundamental”. Sostivo que “a mellora dos servizos é imprescindible para que as zonas rurais sigan mantendo a poboación e a actividade produtiva”.


Ademais desta actuación na rede de saneamento, a área de Rural da institución provincial financiará tamén o acondicionamento dunha pista en Fontecova.

ÚLTIMAS

As Festas do Carme en Porcillán contarán coa colaboración do Concello de Ribadeo

Do 19 ao 21 de xullo celébranse en Porcillán as festas do Carme, que...

Viveiro presenta unha APP que permite ver en 3D as antigas portas da vila

O Concello de Viveiro presentou esta mañá a súa nova APP, que permite experiencias...

X Edición da 1/2 km Vertical Monte Comado en Barreiros

O vindeiro domingo, 21 de xullo, Barreiros acollerá a décima edición da carreira popular...

As xornadas de Historia da Pomba do Arco en Foz abordarán desde a romanización até o nazismo

A casa da cultura Poeta Manuel María de Foz acolle entre 29 de xullo...