InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro comeza a venda de abonos para o Resurrection...

O Concello de Viveiro comeza a venda de abonos para o Resurrection a partir do 5 de abril

Son abonos para persoas empadroadas en Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa de que, dende este venres 5 de abril, estarán dispoñibles as entradas do Resurrection Fest a prezo reducido para empadroados e empadroadas no municipio, mantendo o desconto do 50% do prezo.


“Como cada ano, todos aqueles veciños e veciñas que desexen asistir ao festival dispoñen desta vantaxe, produto do acordo entre o Concello e a entidade organizadora do festival, Bring The Noise”, explica a alcaldesa, María Loureiro. O evento celebrase no municipio dende os seus comezos en 2006.


O goberno municipal agradece deste xeito a colaboración da cidadanía ante as posibles incomodidades derivadas dun evento que atrae unha gran cantidade de público a Viveiro, que ten un papel fundamental na dinamización do sector comercial e hostaleiro da vila.
As entradas a prezo reducido poderanse adquirir no Claustro de San Francisco como en anos anteriores. A venda estará dispoñible todos os venres agás o venres día 12 de abril.


A iniciativa só inclúe abonos personais e intransferibles, aos que só poden acceder persoas que figuren no censo. Non se poderán ceder a terceiros nin se poderá mercar de máis dun abono por persoa.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...