InicioOccidentalCSIF urxe a creación dun novo xulgado en Viveiro

CSIF urxe a creación dun novo xulgado en Viveiro

Para atallar a "situación de colapso".

Publicada o

- Advertisement -

CSIF Xustiza acaba de solicitar ante a Comisión Mixta do TSXG a creación dun novo xulgado para facer fronte á situación de colapso que padece o partido xudicial de Viveiro.

A través dun escrito, CSIF esixe que se adopten medidas canto antes, “pois no pouco que levamos de ano, calcúlase que a carga de traballo está xa nun 140% máis do previsto, cunha entrada excesiva de demandas civís todos os días”.

Neste sentido, a Central Sindical lembra que Viveiro acumula cargas de traballo que se han ido incrementando do 161% en 2019, ao 168% en 2020, 176% en 2021, 181% en 2022 e 191% en 2023, datos que toman como referencia o establecido na Orde JUS/1415/2018, de 28 de decembro, na que se publica o Acordo entre o Consello Xeral do Poder Xudicial e o Ministerio de Xustiza para determinar o sistema de medición da carga de traballo dos órganos xudiciais.

CSIF lembra que xa denunciou en numerosas ocasións ante a Dirección Xeral esta situación, que nos últimos días tamén foi obxecto de queixas nos medios de comunicación por parte dos propios profesionais, que alertaron sobre a repercusión deste colapso sobre a cidadanía.

IMPRESCINDIBLE UN NOVO XULGADO

Para esta central sindical, é imprescindible un novo xulgado, con cadro de persoal completo e non “parchear co nomeamento de persoal de reforzo”. Unha medida que, consideran, demostrouse que é insuficiente e non paliou o problema.

“Como era previsible, paliar o problema co nomeamento dun xuíz, un letrado, un funcionario de auxilio xudicial e outro de tramitación (que aínda non foi nomeado, ademais) como persoal de reforzo non é suficiente, por iso solicitamos que se adopten medidas xa nos termos expostos”, conclúen desde a Central Sindical.

ÚLTIMAS

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...

Burela reforza recursos ante emerxencias cardíacas con novos desfibriladores

O Concello de Burela continúa reforzando os seus medios de resposta ante emerxencias cardíacas...