InicioOccidentalViveiroViveiro potencia a promoción turística da vila coas APP e canais dixitais

Viveiro potencia a promoción turística da vila coas APP e canais dixitais

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro e responsable da área municipal de Turismo, María Loureiro, informa de que o concello ten xa a disposición de veciñanza e visitantes 67 recursos turísiticos dixitalizados na APP de realidade aumentada Viveiro AR.

Este arquivo, en constante actualización, súmase aos máis de 80 quilómetros de rutas turísticas e de sendeirisimo documentados a través do programa ‘Descubre Viveiro’, aos que se pode acceder a través das diferentes redes sociais desta iniciativa.


Loureiro destaca que estes recursos “permiten dar a coñecer o atractivo turístico do municipio dun xeito nunca antes visto, atraendo a máis e máis visitantes a Viveiro, co conseguinte beneficio que isto ten para a economía local”. Por outra banda, engade que “o concello sitúase á vangarda das tendencias tecnolóxicas no sector turístico con este tipo de iniciativas en constante expansión”.


A través da app Viveiro AR, de realidade aumentada (Augmented Reality), pódese escanear o horizonte no municipio para ver, a través de pompas de xeoposicionamiento, cales son os puntos de interese máis relevantes que se atopan preto da posición do turista ou sendeirista.


Ademais, ao acceder á app, pódese tocar a icona de Experiencia AR e aparecerán paneis con información, fotografías, reprodutor de audio e alertas no caso de que un recurso conte con información adicional como horario de visitas ou precaucións.


Tamén dispón dunha recreación tridimensional da Porta de Carlos V, que é “o xerme dun proxecto máis ambicioso para recrear en 3D todo o Viveiro medieval”, explica a alcaldesa.


A aplicación Viveiro AR pode ser descargada a través da App Store na ligazón https://apps.apple.com/us/app/viveiro-ar/id6467196751 e a través da Play Store en https://play.google.com/store/apps/details?id=com.arvision.ViveiroAR

Pola súa banda, o programa ‘Descubre Viveiro’ permite, a través de vídeos e fotografías de alta calidade, visitar dixitalmente as rutas de sendeirismo e turísticas do municipio. Pode accederse a este material a través das redes sociais de Descubre Viveiro, que está presente en Instagram, TikTok, Facebook, Youtube e Wikiloc.

ÚLTIMAS

Alcoa ten o apoio dos accionistas para comprar a australiana Alumina Limited e ter todo o complexo de San Cibrao

Os accionistas de Alcoa, cun apoio do 99% dos presentes en xunta especial, apoiaron...

O pleno de Ribadeo abordará a seguridade na vila e outros temas como a Pancha

Pancha, seguridade, miradoiro de Loctudy e 4º Plan de Igualdade centrarán o pleno que...

Furgonetas ‘cero emisións’ para a brigada de obras de Viveiro

Tenencia de Alcaldía do Concello de Viveiro informa da compra de dúas novas...

Bandeira azul á Praia de Area en Viveiro

O Concello de Viveiro informa á veciñanza de que esta mañá procedeuse ao izado...