InicioOccidentalViveiroViveiro terá un servizo para retirar vehículos abandonados na vía pública

Viveiro terá un servizo para retirar vehículos abandonados na vía pública

O obxecto do contrato é o servizo de retirada, transporte, depósito, descontaminación, tratamento e destrución dos vehículos abandonados en rúas, prazas ou aparcadoiros soterrados de Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro adxudicou un contrato de servizos a unha empresa especializada na retirada dos vehículos abandonados nos espazos públicos da vila, que a día de hoxe son 31.


En concreto, o obxecto do contrato é o servizo de retirada, transporte, depósito, descontaminación, tratamento e destrución dos vehículos abandonados en rúas, prazas ou aparcadoiros soterrados de Viveiro. A empresa adxudicataria é ‘Desguaces Herbón’, que realizará os traballos durante dous anos, coa posibilidade de dúas prórrogas anuais.


“Unha solución necesaria para retirar os vehículos e evitar os problemas derivados do seu abandono”, explica a alcaldesa, María Loureiro. A tenenta de alcaldía, Míriam Bermúdez, pon en valor este servizo, “xa que os vehículos abandonados poden ser un problema medioambiental e de seguridade”.

ÚLTIMAS

Alcoa seguirá adiante coa venda de San Cibrao ao rexistrar máis perdas millonarias: 237 millóns ata marzo

Alcoa, o maior produtor estadounidense de aluminio, rexistrou perdas por importe neto atribuído de 252 millóns...

Trabada solicita unha subvención para renovar a vivenda da Unitaria de Vidal

O Concello de Trabada solicitou unha subvención ao Instituto Galego de Vivenda e Solo...

Burela acollerá será a primeira fase da ximnasia rítmica Escolar, Promoción e Pre-Base

O Concello de Burela acollerá, no pavillón Vista Alegre, a Primeira Fase da Liga...

Charla en Burela sobre cambios normativos que afectan a persoas con dano cerebral adquirido

O Concello de Burela acolle, no Salón de Plenos, unha sesión informativa sobre os...