InicioOccidentalViveiroViveiro actúa sobre un inmoble para evitar problemas de seguridade

Viveiro actúa sobre un inmoble para evitar problemas de seguridade

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa que actuou de maneira urxente no inmoble situado no número 23 da rúa Teodoro de Quirós, co fin de garantir a seguridade das persoas e previr ou evitar danos no espazo público. Por iso, procederase á retirada dunha galería de madeira e daquelas lousas con risco de caída sobre a vía pública.


O Concello de Viveiro adopta estas medidas, de forma subsidiaria, tras a tramitación dos pertinentes expedientes de orde de execución, nos que o titular da vivenda non deu resposta aos requirimentos realizados.


Neste sentido, quérese lembrar que o concello vén actuando de oficio ante situacións de seguridade, salubridade e ornato público, para aquelas edificacións nas que, por diferentes motivos, os titulares non atenden os requirimentos remitidos.


Antes de chegar á execución subsidiaria por parte do concello é preciso realizar unha tramitación previa, que comeza coa incoación dun expediente de orde de execución e que conleva unha serie de trámites previos e necesarios.


Son varias as vivendas que se atopan nesta situación e sobre as que o concello realiza un control e seguimento, co fin de tomar as medidas necesarias como vén de acontecer coa edificación situada en Teodoro de Quirós.


Cómpre sinalar que nos dous últimos anos, o Concello de Viveiro incoou máis 30 expediente de orde de execución e que, dentro do casco antigo, xa actuara de oficio noutras 4 ocasións, ademais de múltiples actuacións realizadas con persoal e medios propios co fin de garantir a seguridade da cidadanía.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...