IniciosociedadeVolve a Semana Santa de Viveiro, festa relixiosa de Interese Turístico Internacional

Volve a Semana Santa de Viveiro, festa relixiosa de Interese Turístico Internacional

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou este xoves a aprobación dun convenio de colaboración por valor de 25.000 euros co Concello de Viveiro, para a celebración da Semana Santa no municipio mariñán, unha festividade relixiosa de Interese Turístico Internacional que representa un "revulsivo económico" para toda a provincia.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou este xoves a aprobación dun convenio de colaboración por valor de 25.000 euros co Concello de Viveiro, para a celebración da Semana Santa no municipio mariñán, unha festividade relixiosa de Interese Turístico Internacional que representa un “revulsivo económico” para toda a provincia.

Así o asegurou José Tomé ao termo da reunión mantida este xoves no Pazo de San Marcos coa alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, quen explicou que a partida aprobada pola institución provincial será destinada á instalación da carpa ‘Antesala dun Museo’, onde a Xunta de Confrarías exporá algúns dos pasos e pezas de ourivaría que sairán en procesión polas rúas da localidade durante a Semana Santa.

“Viveiro é un Concello no que máis do 50 % do emprego corresponde ao sector servizos”, explicou María Loureiro, para acto seguido indicar que fomentar a Semana Santa na localidade significa “apostar por un motor dinamizador da economía local” e manter así “o auxe” experimentado nos últimos anos polo municipio mariñán durante a celebración da festividade relixiosa.

A carpa ‘Antesala dun Museo’, que abrirá as súas portas ao público a próxima semana, estará instalada como en anos anteriores na Praza de Jacinto Calvo da localidade viveiresa. A alcaldesa de Viveiro, que agradeceu á institución provincial o “apoio incondicional” prestado, resaltou que a celebración (unha das máis antigas de Galicia, recoñecida como festa de Interese Turístico Internacional desde o ano 2013) é actualmente “un dos grandes reclamos turísticos da Mariña lucense e de toda a provincia”.

A Semana Santa de Viveiro, finalizou a alcaldesa, congrega a unha media de “40.000 persoas” no municipio durante os días que dura a celebración e xera un gran “impacto económico” na localidade, que consegue alcanzar nas devanditas datas, subliñou, “unha ocupación hoteleira do 100 %“.

ÚLTIMAS

Ribadeo abre a inscrición para as actividades de verán

Do 20 o 24 de maio estará aberta a inscrición para participar nas actividades...

Viveiro conmemorou as Letras Galegas con actividades no Pastor Díaz

O Concello de Viveiro conmemorou o Día das Letras Galegas 2024 con múltiples actividades...

Comezan as I Xornadas da Cabala organizadas por ACISA Ribadeo

Arrincaron este venres en Ribadeo as Xornadas da Cabala, que organiza Acisa coa colaboración...

O xuíz do ‘caso Alcoa’ alonga seis meses máis a investigación sobre a venda das plantas da Coruña e Avilés

O xuíz da Audiencia Nacional que investiga a querela que presentou en 2020 a Confederación...