InicioOccidentalViveiroBaixas concatenadas deixan inactivo o servizo de Policía Local

Baixas concatenadas deixan inactivo o servizo de Policía Local

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa de que o servizo da Policía Local está inactivo, ao sucederse na última semana unha serie de baixas concatenadas ata chegar ao 100% da plantilla.

O venres, despois das consultas pertinentes, iniciáronse as actuacións correspondentes desde o concello, trasladando a situación ás administracións competentes.

Ante esta situación excepcional, no día de hoxe, tivo lugar unha reunión cos voceiros da corporación local para mantelos informados.

Por parte do Concello non procede efectuar declaracións públicas, coa fin de preservar todas a garantías e dereitos, en aras do interés xeral.

Dende o Concello queremos mandar unha mensaxe de tranquilidade, posto que a seguridade está garantida a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, cos que o Concello de Viveiro xa vén mantendo contactos dende o pasado venres.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...