InicioOccidentalViveiroViveiro amplía o prazo para os concursos de fotografía amateur e debuxo...

Viveiro amplía o prazo para os concursos de fotografía amateur e debuxo escolar

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM), amplía ata o 8 de marzo o prazo para participar nos concursos conmemorativos do Día Internacional da Muller.


Por unha parte está o Concurso de Fotografía Amateur “Traballos e Mulleres”, dirixido a fotógrafos/as afeccionados non profesionais e que sexan maiores de idade.


“A temática das fotografías debe ser a muller e o traballo en calquera ámbito da vida, tanto público como privado, para visibilizar e concienciar sobre o papel da muller en todos os sectores da nosa sociedade”, explica a alcaldesa, María Loureiro.


Convocouse tamén o Concurso de Debuxo Escolar “Mamá Traballadora”, dirixido ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria dos centros educativos do Concello de Viveiro.

“A temática será a visión que os nenos e nenas teñen dos traballos que fan as súas nais, tanto no privado como no público, para poñer en valor dito traballo e co desexo de que sigan aportando a súa visión particular das mulleres que as rodean, agradecendo tamén a colaboración dos centros educativos”, asegura a concelleira de Muller, Lara Fernández Fernández-Noriega. As bases de ambas convocatorias están publicadas na páxina web e no taboleiro de edictos do Concello de Viveiro.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...