O Concello de Viveiro emitiu un comunicado onde indica que a Feira das Maulas en Galdo sempre foi organizada pola asociación de veciños, coa colaboración do Concello.
Durante os últimos anos o Concello asumiu de forma excepcional a organización e o custo íntegro da organización da feira, uns 7.000 euros, xa que non era posible asumilo por parte da asociación de veciños.
Porén, este ano, o Concello falou coa asociación de veciños para explicarlles que non podía asumir o custo íntegro da organización da feira. A asociación tampouco pode facerse cargo, polo que decidiu que non se celebra este ano. O Concello de Viveiro espera e desexa que nos próximos anos sexa posible celebrar a feira.
