InicioOccidentalA Xunta vincula o aumento do consumo de peixe á mellora da...

A Xunta vincula o aumento do consumo de peixe á mellora da cadea mar-industria e da economía

O conselleiro do Mar visitou este venres a Praza de Abastos de Viveiro e outros puntos de venda de peixe.

Publicada o

- Advertisement -

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, vinculou directamente o aumento do consumo de peixe, marisco e conservas á mellora do porvir da cadea mar-industria e da economía galega. Así o sinalou durante unha visita este venres á Praza de Abastos de Viveiro e a outros puntos de venda de peixe do devandito Concello.

Para el, a cadea mar-industria ten que ir máis aló dos 50.000 profesionais das distintas etapas que aglutina, desde a captura, o cultivo e a recolección da materia prima ata a súa transformación e distribución.

Villares pretende que nela se sentan integrados tamén os consumidores finais, o conxunto dos 2,7 millóns de galegos. Por iso, reivindicou a importancia de traballar xuntos para que o peixe galego chegue cada vez a máis fogares. Precisamente este é o obxectivo da campaña AMAR GALICIA, que busca a promoción dos produtos pesqueiros e que este venres Villares publicitou en Viveiro.

“Todo este traballo de promoción debe ir acompañado dunha contorna de mercado apropiado e en equilibrio, algo que non se produce na actualidade polo feito de que o Goberno permitiu rebaixas do IVE en certo tipo de alimentos, mentres insiste en negarlle o mesmo trato aos produtos do mar”, lamentou Villares, segundo recolle a Xunta nun comunicado.

ÚLTIMAS

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

Eleccións á presidencia do Ribadeo FC: abre o prazo para presentar candidaturas

O Ribadeo Fútbol Club convoca eleccións á presidencia da entidade e o prazo...

Barreiros realizará a Orla da Escola Infantil coa fotógrafa Natalia Blanco

O Concello de Barreiros vén de anunciar que contará coa fotógrafa local Natalia Blanco,...