InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro entrega os premios do Certame de Poesía Infantil...

O Concello de Viveiro entrega os premios do Certame de Poesía Infantil “Nadal 2023”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro entregou hoxe os premios do certame de Poesía Infantil “Nadal 2023”. A Biblioteca Municipal de Viveiro sumouse así un ano máis a este certame, convocado polo biblioteca nodal de Lugo.


O gañador na categoría A, de ata 8 anos, foi Aleixo Mariño Gómez. As gañadoras na categoría B, de 9 a 11 anos, foron Mara López Fernández, Anne López Ferraz e Inés Mariño Gómez. Tras esta fase local, os premiados e premiadas participarán a continuación no certame a nivel provincial organizado pola Biblioteca Municipal de Lugo.


“Agradecemos o interese da rapazada que participou neste certame, cuxa ilusión mantén vivo este premio literario. Por iso, animamos á mocidade de Viveiro a seguir escribindo e formando parte da cultura da nosa vila”, sinalou a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, quen entregou os premios este sábado.

ÚLTIMAS

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...