InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a...

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún caso previsto retirar as axudas aos clubes deportivos da vila.

“O único que pasa é que agora mesmo non podemos proceder ao seu abono, xa que o concello debe afrontar o pago dos intereses da débeda e outros gastos como o recibo da luz, que este ano se triplicou”, explicou Loureiro.

“Estamos buscando unha solución, este concello colaborou sempre cos clubes deportivos e os eventos que realiza, e o seguiremos facendo”, engade a alcaldesa.

“Os hábitos de vida saudables e a práctica deportiva dos nenos e nenas sempre foron e seguirán sendo unha prioridade para o goberno local de Viveiro”, remata Loureiro.

ÚLTIMAS

A paralización do forno de cocción de Alcoa deixará a 500 persoas sen traballo

A paralización nas obras de construción do forno de ánodos no complexo industrial de Alcoa-San...

Día de Rosalía en Ribadeo cunha Escape Room

Dentro dos actos de conmemoración do Día de Rosalía promovidos polo Concello de...

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Ribadeo convoca ao sector hostaleiro para preparar o ‘Ribadeo de Tapeo’

O Concello convoca ao sector hostaleiro a unha xuntanza para preparar o Ribadeo de...