InicioOccidentalViveiroViveiro chama á veciñanza para usar o servizo gratuíto de recollida de...

Viveiro chama á veciñanza para usar o servizo gratuíto de recollida de enseres

“É unha tarefa de todos e todas manter limpo o noso concello, a veciñanza só ten que avisar para que recollan os seus enseres”, asegura Míriam Bermúdez, tenente de alcaldesa de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro fai un chamamento aos seus veciños e veciñas “para que usen o servizo municipal gratuíto de recollida de enseres”.

Aquelas persoas que queiran desfacerse dun moble antigo ou outro tipo de enser só teñen que chamar ou enviar un whatsapp ao número de teléfono 697 16 26 37 e o servizo municipal de limpeza recólleo de forma gratuíta.

“É unha tarefa de todos e todas manter limpo o noso concello, a veciñanza só ten que avisar para que recollan os seus enseres”, asegura Míriam Bermúdez, tenente de alcaldesa de Viveiro.

Só desde o 15 de setembro, recolléronse 318 enseres con aviso telefónico previo e 166 sen avisar (moitos deles en Galdo ou na Cabana, en Vieiro), o que reflicte a importancia de non tiralos no espazo público sen chamar ao servizo de limpeza municipal.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...