InicioOccidentalViveiroViveiro conmemora o Día do Alzheimer coa iluminación da Porta de Carlos...

Viveiro conmemora o Día do Alzheimer coa iluminación da Porta de Carlos V

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro súmase aos actos con motivo do Día do Alzheimer, que se conmemora mañá, xoves 21 de setembro. Para reivindicar esta data, a porta de Carlos V iluminarase de cor verde a noite do día 21 ao 22.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca con motivo desta efeméride “o gran labor que realiza a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Viveiro, AFA Viveiro, de prevención, detección precoz e atención ao longo de todo ano”.

“Dende o Concello mantemos dende hai anos unha colaboración constante con esta asociación, polo que coñecemos de primeira man a súa importancia para ás persoas afectadas por esta enfermidade”, engade a rexedora.

O Concello colabora coa asociación de diversos xeitos, a través de subvencións, colaborando coas actividades dos usuarios e usuarias, ou cedéndolles instalacións municipais como as dependencias no claustro do convento de San Francisco.

A alcaldesa destaca que “iniciativas de sensibilización como esta son fundamentais para dar visibilidade e involucrar á cidadanía na demanda de máis recursos para a investigación nesta enfermidade”. “Amosamos, un ano máis, todo o noso apoio a quen sofre o Alzheimer e ás súas familias”, conclúe Loureiro.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...