InicioOccidentalViveiroViveiro colocará dúas pantallas para ver a Adrián Ben na final dos...

Viveiro colocará dúas pantallas para ver a Adrián Ben na final dos 800 metros lisos

A proba está incluída no Campionato do Mundo de Atletismo.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa que a veciñanza poderá seguir en dúas pantallas a final de 800 metros lisos do Campionato do Mundo de Atletismo, na que competirá o viveirense Adrián Ben.

A proba final de 800 metros lisos está programada para as 20.30, polo que a cidadanía poderá achegarse con tempo para animar a Adrián Ben en calquera das dúas pantallas.

Dunha banda, o Concello colocará unha pantalla na praza maior de Viveiro. Doutra banda, o Concello xestionou coa Comisión de Festas e coa orquestra os medios técnicos para situar outra pantalla no palco da orquestra na Romaría do Naseiro.

O Goberno local felicita “en nome de toda a vila, a Adrián Ben por lograr a súa clasificación para esta gran final. Este sábado todo Viveiro apoiará ao deportista, que é un exemplo de traballo e esforzo”.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...