InicioOccidentalViveiroNovas ferramentas de comunicación veciñal en Viveiro para mellorar o servizo de...

Novas ferramentas de comunicación veciñal en Viveiro para mellorar o servizo de recollida

“O servizo está traballando para substituír os colectores por outros limpos e baldeando as ubicacións dos mesmos", sinala a tenente de alcaldesa, Miriam Bermúdez.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro pon en marcha novas medidas para mellorar a recollida de lixo e a limpeza viaria, solicitando a colaboración veciñal para acadar un servizo máis eficiente.

“Poñemos á disposición dos veciños e veciñas un teléfono de atención á cidadanía do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria, o mesmo que para solicitar a recollida de enseres, o 697 162 637, que atende chamadas e whatsapp”, anuncia a tenenta de alcaldesa de Viveiro, Míriam Bermúdez.

“En breve anunciaremos tamén unha nova app de incidencias e unha oficina de atención ao cidadán. Dende esta concellería estamos traballando para a posta en marcha de novas melloras, tanto na recollida de lixo, como o punto limpo e a través de novas campañas de concienciación para un servizo máis eficiente e moderno, adaptado a unha cidade como Viveiro”, engade.

Míriam Bermúdez solicita a colaboración da veciñanza para que depositen o lixo á ultima hora da tarde coas bolsas ben pechadas, que non depositen residuos fora dos colectores e que estes permanezan pechados.

“O servizo está traballando para substituír os colectores por outros limpos e baldeando as ubicacións dos mesmos. En pleno agosto, o aumento siginificativo da poboación debido á gran afluencia turística e aos actos festivos destas datas, xeran un aumento importante do volume de lixo, que xunto coas altas temperaturas provocan que o servizo de recollida de lixo e limpeza viaria aumente o número de avisos e incidencias pese aos reforzos estivais”, remata a tenente de alcaldesa.

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...