InicioOrientalRibadeoO Concello de Viveiro entregará o luns os premios de debuso infantil...

O Concello de Viveiro entregará o luns os premios de debuso infantil “O meu concello e os ODS”

A iniciativa buscaba sensibilizar e implicar á poboación do municipio sobre a importancia da implantación da Axenda 2030 desde o nivel local.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro adheriuse a un programa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para implantar no municipio de forma progresiva os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

A iniciativa está coordinada a nivel local pola concellería de Benestar social e un equipo do Concello traballa agora en deseñar o plan municipal de ODS. Neste plan inclúense actividades de divulgación e sensibilización entre a poboación na procura da sostibilidade.

Entre esas actividades, organizouse o concurso de debuxo infantil ‘O meu concello e os ODS’, dirixido aos nenos e nenas de Educación Primaria matriculados nun centro educativo de Viveiro. A entrega de premios será este luns, 12 de xuño, ás 18:00 horas na sala multiusos do Concello de Viveiro.

A iniciativa buscaba sensibilizar e implicar á poboación do municipio sobre a importancia da implantación da Axenda 2030 desde o nivel local a través dun concurso de debuxos relacionados cos ODS entre os e as escolares da vila.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...