InicioOccidentalViveiroViveiro recibe 45 alumnos de secundaria de Vegadeo dentro do 'XV Foro...

Viveiro recibe 45 alumnos de secundaria de Vegadeo dentro do ‘XV Foro Comunicación y Escuela’

Tras ser recibidos pola alcaldesa María Loureiro no concello, coñecerán o casco antigo de Viveiro, declarado Conxunto Histórico Artístico, o porto de Celeiro, e farán un traxecto no ViverTren.

Publicada o

- Advertisement -

Viveiro é este ano un dos concellos que participan no ‘XV Foro Comunicación y Escuela’, baixo o lema ‘El valor del medio rural’, impulsado polo Instituto de Educación Secundaria ‘Elisa y Luis Villamil’ de Vegadeo.

O Concello de Viveiro terá mañá un papel protagonista coa visita dun grupo de 45 estudantes de 1.º de Educación Secundaria, xunto aos seus profesores, para desfrutar da actividade ‘Vegadeo-Viveiro: unidos por el tren’ que incluirá diferentes actos.

Tras ser recibidos pola alcaldesa María Loureiro no concello, coñecerán o casco antigo de Viveiro, declarado Conxunto Histórico Artístico, o porto de Celeiro, un dos portos pesqueiros máis importantes da cornixa cantábrica, e farán un traxecto no ViverTren que os levará ata Covas e os seus Castelos.

A alcaldesa de Viveiro agradece aos organizadores do foro que elixisen Viveiro para formar parte do programa e aplaude a continuidade deste proxecto que, dende o ano 2009, desenvolveu 763 accións en diferentes puntos de España e do estranxeiro, ademais de contar coa presenza de destacados poñentes.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...