InicioOccidentalViveiroViveiro aproba o proxecto de humanización da rúa do Porto de Celeiro

Viveiro aproba o proxecto de humanización da rúa do Porto de Celeiro

O proxecto contempla o movemento de terras e demolicións, a reposición da rede de saneamento, pluviais, abastecemento e alumeado público e a canalización da electricidade.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro presenta o Plan de Humanización do Porto do Celeiro, unha renovación integral que inclúe a pavimentación e renovación de servizos da rúa. Trátase dun proxecto cun custe económico importante, que abarca unha zona moi ampla entre o tramo dende a Praza do Náufrago ata a Casa do Gardapeiraos, de ahí que o goberno local intensificase os acordos de colaboración con outras administracións.

Finalmente será a Deputación de Lugo a que asinará o convenio para levar a cabo esta rexeneración de toda a fronte marítima de Celeiro, cunha achega de 544.000 euros que se fará en dúas anualidades (2023 e 2024). O 20% restante, uns 136.000 euros, serán aportados polo propio Concello de Viveiro. O acto da firma deste convenio de colaboración entre o Concello de Viveiro e a Deputación de Lugo farase esta semana.

O proxecto contempla o movemento de terras e demolicións, a reposición da rede de saneamento, pluviais, abastecemento e alumeado público, así como a canalización da electricidade, as telecomunicacións, a dotación de xardinería, mobiliario urbano e sinalización horizontal e vertical da vía.

“É unha obra imprescindible para mellorar a mobilidade dos veciños e veciñas de Celeiro. Mantendo o espíritu e a esencia mariñeira tan característica da zona, levaremos a cabo unha renovación integral dunha das áreas máis dinámicas do concello, renovando os seus servizos e cumprindo as demandas veciñais”, subliña a alcaldesa María Loureiro.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...