InicioOccidentalViveiroViveiro colabora coa Asociación Martelos Costa Norte na chocolatada benéfica este domingo

Viveiro colabora coa Asociación Martelos Costa Norte na chocolatada benéfica este domingo

A causa merece que toda a veciñanza colabore e se anime a participar. Viveiro sempre da exemplo coa súa solidariedade”, subliña a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro colabora un ano máis coa Asociación Martelos Costa Norte na Chocolatada Benéfica que se vai celebrar este domingo día 19. A Praza Maior da vila acollerá, entre as 16:00 ás 20:00 horas, diferentes actividade de ocio e animacións dedicadas aos nenos nunha cita na que tamén colabora Amodiño MG.

A participación ten un coste de 3 euros e a recadación integra será doada a “Nico contra el Cáncer Infantil”, a asociación que fomenta a investigación do neuroblastoma infantil. “A causa merece que toda a veciñanza colabore e se anime a participar. Viveiro sempre da exemplo coa súa solidariedade”, subliña a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, que engade: “Temos que dar as grazas a Martelos Costa Norte pola organización desta chocolatada que fomenta a investigación e a loita contra esta dura enfermidade”.

ÚLTIMAS

Achan en Ribadeo o primeiro exemplar dun verme invasor depredador do mexillón en Galicia

O biólogo Daniel Prieto, da confraría de pescadores de Ribadeo, localizou durante unha mostraxe un...

Investigan o furto de produtos alimentarios en dous establecementos de Viveiro

A Garda Civil de Lugo investiga en Burela a dous homes como presuntos autores...

Francisco Rois: “Miguel Ángel Revilla será o pregoeiro da 45ª Festa da Troita da Pontenova”

-Despois de corenta e cinco anos desta Festa da Troita, cales foron os cambios...

A biblioteca de Barreiros contará cun club de lectura e biblioencontros infantís

Barreiros dinamizará a biblioteca municipal organizando encontros mensuais cos que pretende fomentar a lectura...