InicioPolíticaA Deputación investirá 333.000 euros na mellora de cinco estradas de Ourol

A Deputación investirá 333.000 euros na mellora de cinco estradas de Ourol

As obras previstas abranguen un total de trece quilómetros e está aberto o prazo para que as empresas presenten as súas propostas

Publicada o

- Advertisement -

O deputado provincial, Pablo Rivera Capón, avanzou que o a Deputación aprobou na xunta de goberno melloras por un importe de 333.000 euros en 13 quilómetros de cinco estradas no municipio de Ourol.

Logo da aprobación do investimento, abrirase o prazo para que as empresas interesadas en executar estes traballos presenten as súas ofertas.

As actuacións que se realizarán cos fondos provinciais son as seguintes:

  • 7,9 quilómetros da LU-P-3801, que vai de Ourol ás Lobeiras polo Carmen, entre os puntos quilométricos 1,9 e 9,8.

  • 1,6 quilómetros da LU-P-3802, que vai de Ourol á igrexa, entre os puntos quilométricos 0 e 1,6.

  • 1,7 quilómetros da LU-P-6602, de Ruanova por Sixto a Muras, entre os puntos quilométricos 6,5 e 8,3.

  • 450 metros da LU-P-3807, de Bravos por Foxo a San Pantaleón, entre os puntos 0 e 0,450.

  • 850 metros da LU-P-3803, da Ponte Torta á Cruz das Leiras, entre os puntos quilométricos 0,9 e 1,7.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...