InicioM.ambiente e PatrimonioExtinguido o incendio de Ourol que afectou a 72 hectáreas

Extinguido o incendio de Ourol que afectou a 72 hectáreas

Para a súa extinción mobilizáronse, no seu conxunto, 2 técnicos, 50 axentes, 66 brigadas, 53 motobombas, 4 pas e 2 helicópteros.

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello lucense de Ourol, parroquia de Merille, quedou extinguido ás 16,28 horas de hoxe.

O lume iniciouse ás 17,02 horas do martes 29 de setembro e finalmente afectou unha superficie de 71,98 hectáreas de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse, no seu conxunto, 2 técnicos, 50 axentes, 66 brigadas, 53 motobombas, 4 pas e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...