Un antigo salón de baile ardeu este martes no municipio lucense de Ourol. Non houbo que lamentar danos persoais, pero si materiais, pois só quedou en pé a estrutura externa da casa.
A posta en marcha deste operativo foi posible grazas á chamada dun alertador ás 00,30 horas desta madrugada, que avisou dun incendio nunha casa deshabitada no lugar de Chao de Bravos, en Ourol.
Para atallar as chamas, desde o 112 Galicia, activáronse os protocolos correspondentes para a mobilización dos seguintes recursos: Bombeiros de Viveiro, Servizo Municipal de Protección Civil de Viveiro, Protección Civil de Ourol e o distrito de incendios forestais da zona. Tamén se informou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por fósese necesaria a súa intervención, e á Garda Civil.
